A Deputación compra outras 212.000 unidades de protección para distribuír nos concellos

O reparto de mascarillas cubrirá o 60% da poboación adulta e o 100% dos nenos e nenas dos concellos de menos de 20.000 habitantes

Este novo envío de materiais hixiénico-sanitarios contribuirá a reforzar a protección da veciñanza fronte ao contaxio do coronavirus. (Foto: Pixabay)

Os concellos lucenses recibirán un novo envío de materiais de protección fronte ao coronavirus, logo de que a Deputación encargara esta semana outra partida de 212.000 unidades. O anuncio realizouno o presidente do organismo provincial, José Tomé, o 6 de maio, co envío dunha carta aos rexedores lucenses na que explica as características destas novas dotacións.

CARACTERÍSTICAS DO LOTE

O lote adquirido pola Deputación está composto por 100.000 mascarillas cirúrxicas, 6.200 mascarillas FFP2, 25.000 mascarillas infantís, 80.000 luvas, 100 pantallas protectoras, 330 xeles hidroalcólicos, 20 botes de alcol e 100 dosificadores automáticos. Deste xeito, búscase dar cobertura ao 60% da poboación adulta dos municipios de menos de 20.000 habitantes, e ao 100% dos nenos e nenas destas demarcacións.

Tomé salientou que “en canto recibamos o material comezaremos a entregalo nos concellos cos medios do Parque Móbil”. O presidente da Deputación precisou que a maior parte das empresas ás que se lle contratou o subministro son la provincia, co conseguinte impulso á dinamización económica do territorio.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Novo lote de material de protección da Xunta con destino aos concellos do sur lucense

Seguinte Nova

Colaboración entre Xunta e colexios lucenses para achegar aos escolares o material que deixaron nas aulas

Últimas noticias sobre CORONAVIRUS

A %d blogueros les gusta esto: