Crónica del sur de Lugo

Novo lote de material de protección da Xunta con destino aos concellos do sur lucense

O envío está composto por 3.600 unidades de equipos de protección individual

A Xunta leva facendo envíos semanais de equipos de protección individual aos concellos dende o 24 de marzo. GPXG

O mércores 6 de maio, a Xunta completou o envío dun novo lote de equipamentos de protección individual para os concellos das comarcas de Lemos, Quiroga e Chantada. Segundo explicaron dende a Delegación Territorial, a nova partida inclúe 1.200 máscaras cirúrxicas, 38 pantallas faciais, 2.200 guantes, 50  traxes antisalpicaduras, 80 batas e  38  botes de xel desinfectante.

ENTREGADAS 41.300 UNIDADES NA ZONA SUR NO QUE VAI DE ALERTA SANITARIA

O delegado da Xunta na provincia, José Manuel Balseiro, lembrou que o Executivo autonómico está a realizar un envío semanal destes equipos aos concellos. Dende o 23 de marzo, os municipios das comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga recibiron un total de 41.300  unidades de protección, entre as que destacan 22.700 guantes, 16.800 máscaras ou 1.360 traxes e batas antisalpicaduras.

EQUIPOS DESTINADOS A SERVIZOS MUNICIPAIS ESENCIAIS

As dotacións van destinadas, sobre todo, á seguridade dos traballadores e usuarios do Servizo de Axuda no Fogar, Protección Civil e Policía Local, así como outros servizos esenciais.

Balseiro lembrou que o reparto deste tipo de materiais realizouse a través dunha plataforma loxística que a Xunta puxo en marcha para axilizar o proceso e centralizar a compra e reparto dos equipos de protección individual durante a alerta sanitaria.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CORONAVIRUS

     
Ir a Inicio