Crónica del sur de Lugo

En marcha a instalación de balizas de seguridade no corredor Sarria- Monforte

Cubrirán un total de 18 quilómetros en tramos de línea continua, cun investimento da Xunta de case 120.000 euros

A Xunta prevé que os traballos no corredor Sarria-Monforte estén rematados neste mesmo mes de maio. GPXG

Ao longo do mes de maio, a Xunta prevé completar os traballos de instalación de balizas de separación en varios tramos da vía de altas capacidades Sarria-Monforte de Lemos. No seu conxunto, a obras supón un investimento de preto de 120.000 euros, co obxectivo, segundo destacaron dende a Consellería de Infraestruturas, de mellorar a seguridade viaria en tramos de línea continua.

PINTADO DO EIXE DA VÍA E INSTALACIÓN DE CAPTAFAROS E BALIZAS

Segundo precisaron os responsables autonómicos, o proxecto abrangue actuacións nun total de 18 quilómetros nos que non está permitido o adiantamento, polo que a instalación destes elementos non reduce a posibilidade de realizar esta maniobra. Os traballos consistirán no pintado do eixe da vía con dobre liña branca e con resaltos, e liña intermedia de cor verde. Así mesmo, instalaranse 390 captafaros e 641 balizas.

Dende a Consellería salientaron que o corredor entre Sarria e Monforte é dos viais de Galicia que rexistra menor índice de sinistralidade, medido en número de vítimas. Con todo, decidiuse reforzar a seguridade debido ás consecuencias graves dos accidentes que se producen nesta estrada.

Estas accións buscan reducir velocidades excesivas, así como mellorar a percepción da separación entre sentidos de circulación nos tramos nos que xa estaba prohibido o adiantamento.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre EMPREGO

     
Ir a Inicio