Crónica del sur de Lugo

Conta atrás para o inicio das obras de mellora do saneamento de rúas de Monforte

O proxecto, cun investimento superior aos 900.000 euros, está cofinanciado pola Deputación, a Confederación Hidrográfica e o Concello

Supervisión do plan de traballo por parte do alcalde de Monforte, José Tomé; o concelleiro de Servizos, José Luis Losada; e o presidente da Confederación Hidrográfica, José Antonio Quiroga, o 6 de maio. GPCM

A mediados de maio, arrancarán os traballos de mellora da rede de saneamento que beneficiarán a cinco rúas de Monforte. O anuncio realizouno o alcalde, José Tomé, nunha reunión co presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, o 6 de maio. A xuntanza serviu para supervisar o punto de inicio dos traballos, que se desenvolverán a partir da rúa Chantada. O prazo de execución é de 12 meses, sempre que o permita a situación xerada pola alerta sanitaria.

OBRAS INSCRITAS NO CONVENIO ASINADO EN 2017

Segundo precisou Tomé, as obras adxudicáronse cun importe de 888.107 euros, para a mellora da rede nas rúas Santa Clara, A Veiga, Chantada, Juan Montes e Padre Feijoó. A financiación asúmea nun 35,71% pola Confederación Hidrográfica, outro 35,71% pola Deputación de Lugo, e o restante 28,57% polo propio Concello. O alcalde lembrou que estas obras enmárcanse no convenio subscrito en 2017 por estas tres institucións, cun investimento total de 1,4 millóns de euros.

IMPERMEABILIZACIÓN DE 70 POZOS, E CONSTRUCIÓN DE NOVOS TRAMOS DE COLECTORES

O rexedor monfortino explicou que as obras permitirán eliminar as filtracións e entradas de auga limpa na rede de saneamento, que saturan a depuradora e dificultan a súa función. Con este obxectivo, vanse reparar e posteriormente impermeabilizar 70 pozos de rexistro A Rosela, A Reigada, O Campo, As Lamas e A Veiga, así como no entorno da Estrada de Currelos. O proxecto inclúe a execución de novos tramos de colectores nas rúas Morín e Manuel Pintos Xoán, e nas dúas marxes da rúa Chantada, entre a rotonda do Cemiterio e a do Hórreo.

Tomé considerou que estas obras son “de vital importancia para mellorar a calidade da auga que volve da depuradora ao río Cabe” e, polo tanto, “para mellorar o medio ambiente no Concello de Monforte”.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio