Crónica del sur de Lugo

Pantón trata de favorecer a apertura da hostalería con taxas cero para terrazas

O alcalde está “aberto ás peticións e ideas” dos empresarios para emprender a reactivación do sector

Taxas cero nas terrazas de Pantón para facilitar a reactivación da hostalería. (Arquivo EC)

A hostalería e o pequeno comercio afrontar a desescalada con moitas dúbidas respecto á normativa que deben seguir para garantir a seguridade, e tamén con incerteza sobre a viabilidade dos seus negocios nestas condicións. Para colaborar coa reactivación económica deste sector, o Concello de Pantón vén de anunciar que non aplicará taxas municipais pola colocación de mesas e sillas en zonas de uso público, “como viña facendo antes da pandemia”.

COLABORACIÓN DO GOBERNO LOCAL COS HOSTALEIROS “PARA UN MELLOR FUNCIONAMENTO” QUE AXUDE NA VOLTA Á ACTIVIDADE ECONÓMICA

Ademais, o alcalde, José Luís Álvarez, amosou a súa disposición a “estar aberto ás peticións e ideas” dos hostaleiros, co obxectivo de acadar “un mellor funcionamento deste sector neste aspecto”. Álvarez animou aos hostaleiros e empresarios a plantear no Consistorio todas as suxerencias ou necesidades que detecten para afrontar a volta á actividade económica.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre EVENTOS

     
Ir a Inicio