A Xunta sumou 110 tarefas de desinfección no sur de Lugo

O balance fai referencia ás actuación autonómicas en centros residenciais e de saúde das comarcas de Lemos, Quiroga e Chantada

Videoconferencia do delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, cos representantes dos distritos forestais da provincia, o 4 de maio. GPDTL

Co inicio da desescalada, a Xunta fixo balance das diversas actuacións realizadas en materia de desinfección de espazos comunitarios durante o confinamento. Segundo informou o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, o dispositivo posto en marcha polo Executivo autonómico acadou un total de 110 actuacións nas comarcas de Lemos, Quiroga e Chantada. No conxunto dos seus doce concellos, o Executivo galego actuou na contorna dos centros de saúde, e nas instalacións comunitarias como residencias de maiores ou de persoas con discapacidade. Balseiro explicou que o obxectivo destas accións foi protexer ás persoas en situación de maior vulnerabilidade fronte a un posible contaxio polo coronavirus.

“GRAN LABOR” DOS MEMBROS DAS BRIGADAS FORESTAIS “PARA AXUDA Á CONTENCIÓN DO VIRUS NOS CONCELLOS PEQUENOS”

Balseiro reservou unhas palabras para recoñecer “o gran labor” que, ao longo destas seis semanas, desenvolveron os membros do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Consellería do Medio Rural. O delegado autonómico na provincia resaltou o papel deste operativo ao realizar “un traballo fundamental para axudar á contención do virus nos concellos de menor poboación”.

O representante da Xunta na provincia de Lugo fixo estas declaración durante a videoconferencia que mantivo o luns 4 de maio cos xefes de brigadas dos  distritos da Terra Chá, Lugo-Sarria, A Mariña, Fonsagrada-Ancares e Terra de Lemos, ao tempo que lles amosou o seu agradecemento por esta tarefa voluntaria.

PERFÍS DIVERSOS PARA ESTAS TAREFAS VOLUNTARIAS

Balseiro explicou que estes traballadores realizaron de xeito voluntario o seu traballo de limpeza e desinfección en espazos comunitarios, pero tamén en puntos de depósito de lixo ou beirarrúas, en concellos de menos de 5.000 habitantes. Os traballos de desinfección leváronse a cabo todos os días, incluíndo fins de semana e festivos, dentro das súas quendas de traballo, sen prexuízo do correcto desenvolvemento da súa tarefa ordinaria de prevención e extinción dos incendios forestais.

O dispositivo contou coa participación voluntaria de case un cento de traballadores na provincia de Lugo, entre os que houbo axentes e peóns forestais, bombeiros forestais, condutores de motobombas ou integrantes das brigadas helitransportadas, entre outros perfís profesionais.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Preto de 11.000 visitas en só dous días á web da Deputación “Mide a túa saída”

Seguinte Nova

O Concello recupera o pintado de viais en Monforte tralo parón polo inverno e o coronavirus

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: