Crónica del sur de Lugo

Os lucenses reciben outra quenda de máis de 100.000 mascarillas do Goberno central

As unidades de protección comezaron a repartirse o primeiro luns de maio, coincidindo coa nova fase de desescalada

Reparto no centro de Monforte das mascarillas enviadas polo Goberno central, un total de 104.000 para toda a provincia. GPSGL

O luns 4 de maio, efectivos da Policía Nacional e Garda Civil, en colaboración coa Policía Local e Protección Civil, comezaron o reparto das 104.000 mascarillas que o Goberno central destinou á provincia de Lugo. Estas unidades de protección distribuíronse en nodos de transporte, puntos principais nos que se prevé maior concentración de persoas polo inicio da nova fase da desescalada. Ademais, as mascarillas estanse a repartir entre os usuarios do transporte público, e nos puntos das localidades onde se detecte maior afluencia.

A PRIMEIRA QUENDA, CON 74.000 UNIDADES, REPARTIUSE A MEDIADOS DE ABRIL

Esta quenda, a segunda que envía o Goberno central á provincia, tamén atenderá as necesidades de entidades sociais e concellos lucenses. Na quenda anterior, a Subdelegación do Goberno en Lugo recepcionou 74.000 mascarillas, que se distribuíron entre os traballadores da provincia a mediados de abril.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CORONAVIRUS

     
Ir a Inicio