Galicia ten 3357casos activos de coronavius, un 3,70% menos co día anterior. O numero total de contaxios dende o inicio chega a 9.728, un 1,27 % máis que onte

Segue a confusión nas cifras oficiais, entre as que aporta a Xunta de Galicia e as que reporta o Ministerio.

Se onte en Galicia según a Xunta houbo 140 novos contaxios e según o Ministerio de Sanidade do Goberno Central 22, hoxe a Xunta informa de 122 novos casos, e o Ministerio 151. Á marxe de non ter en conta os test de anticorpos, como pode explicarse este desfase?
Agora Galicia ten incluso máis contaxios diarios que Madrid, que según o Ministerio só detectou 52 novos casos. É máis, Galicia, según os datos ministeriais, é a segunda comunidade con maior número de contaxios hoxe, só por detrás de Cataluña. Non obstante, a modo de exemplo da disparidade da información, a Comunidade de Madrid informa de 658 nuevos casos por PCR y 121 por test de anticorpos hoxe, dato moi lonxe do que da o Ministerio para dita comunidade autónoma, 52 novos contaxios hoxe. ¿Cal é a realidade a día de hoxe? ¿Non eran os datos de Galicia óptimos de cara á desescalada? ¿Y a nivel nacional, en qué situación estamos en realidade?

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 3.357, deles 800 son da área da Coruña, 238 da de Lugo, 673 da de Ourense, 208 da de Pontevedra, 791 da área de Vigo, 489 da de Santiago, e 158 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 45 permanecen en UCI, 278 están en unidades de hospitalización e 3.034 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 5.816 persoas curadas, rexistrándose 555 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 98.830

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 2,8% do total das persoas residentes.

Na xornada de onte non se produciron falecementos en centros residenciais.


Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas.
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas asa dúbidas dos cidadáns ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven a reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara internado cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.


Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Derradeiro concerto do ciclo Cos Pés na Casa da Pobra do Brollón

Seguinte Nova

Unha app da Deputación axuda a medir a distancia das saídas na desescalada

Últimas noticias sobre SAÚDE

A %d blogueros les gusta esto: