Crónica del sur de Lugo

Derradeiro concerto do ciclo Cos Pés na Casa da Pobra do Brollón

O Concello completa así esta iniciativa de dinamización cultural a través das redes para animar o confinamento

Cartaz promocional de Cé Orquestra Pantasma, que ofrece o derradeiro concerto en directo do ciclo #CosPésNaCasa, organizado polo Concello da Pobra do Brollón. GPAPB

O sábado 2 de maio terá lugar a derradeira cita musical do confinamento, que o Concello da Pobra do Brollón ofreceu en directo a través da súa páxina de Facebook. O concerto que pon fin ao ciclo #CosPésNaCasa estará a cargo de Cé Orquestra Pantasma, a partir das 21 horas.

UN POEMA DA GUÍMARA OLGA NOVO, MUSICADO NO REPERTORIO DESTE CONCERTO

Os seguidores do Facebook Live do Concello da Pobra do Brollón poderán desfrutar da música de Cé Orquestra Pantasma, nome artístico do músico vigués César Freiría. Ademais de pezas integradas na súa discografía, o artista amosará obras inéditas da súa creación, así como poemas musicados de poetas galegos, entre eles, da poeta guímara Olga Novo.

Este ciclo musical que o Concello da Pobra puxo en marcha para dinamizar a corentena contou coa participación dos músicos Ale González, Benxamín Otero, Laura LaMontagne e Pico Amperio, e o artista da Fonsagrada Xoán Curiel.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

     
Ir a Inicio