Crónica del sur de Lugo

Máis música para animar o confinamento no Facebook do Concello da Pobra do Brollón

O sábado 25 de abril terá lugar o concerto en directo do artista da Fonsagrada Xoán Curiel

Xoán Curiel ofrecerá un concerto en directo a través da páxina de Facebook do Concello da Pobra do Brollón, o sábado 25 de abril. GPPB

A música en directo voltará ás redes do Concello da Pobra do Brollón na tarde do sábado 25 de abril. A cuarta sesión do ciclo de concertos en directo #CosPésNaCasa terá como protagonista, a partir das 21:00 horas, ao artista da Fonsagrada Xoán Curiel.

TEMAS DE RAÍZ GALEGA CON INFLUENCIAS DAS VIAXES POR VARIOS PAÍSES

Dende a súa casa, Xoán Curiel interpretará diversos temas, resultado das súas vivencias en viaxes e xiras culturais por Arxentina, Portugal e Italia. O concerto incorporará tamén temas do seu último disco, “Canta miña pedra, canta”, vinculado directamente coa música tradicional galega.

A MESMA IDEA DOS CONCERTOS NAS TERRAZAS ANIMA AGORA O CONFINAMENTO EN REDE

Segundo explicaron dende o Concello, o ciclo #CosPésNaCasa recolle o relevo da iniciativa musical que, baixo o nome de “Cos Pés na Terraza”, animou as noitiñas do verán pasado por diversos bares da Pobra. Desta volta, a idea é animar á veciñanza durante o confinamento nos fogares con sesións de boa música en directo. O ciclo xa vai na súa cuarta sesión, logo das actuacións nas pasadas semanas de Ale González e Benxamín Otero, e de Laura LaMontaigne con PicoAmperio. O concerto de Curiel estaba previsto para o 11 de abril, e pospúxose debido á folga cultural dos artistas para protestar pola falta de medidas do Ministerio ante a crise do sector.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

     
Ir a Inicio