Crónica del sur de Lugo

Galega 100%: un selo para identificar con garantías o leite de calidade diferenciada

•Marcas comerciais e consumidores confiaron dende o inicio neste distintivo de calidade e orixe

Cartaz promocional do selo de calidade Galega 100%.

A posta en valor do leite galego no mercado xa é un feito. Dende comezos de 2011, o selo Galega 100% está consolidado como a única identificación que avala o leite de calidade producido e envasado en Galicia. Esta iniciativa da Xunta responde a unha vella demanda do sector lácteo, ao tempo que ten en conta a preferencia crecente dos consumidores polos produtos con distintivo de calidade.

RESPOSTA ÁS DEMANDAS DO SECTOR LÁCTEO, E TAMÉN DO CONSUMIDOR ESIXENTE

O selo Galega 100% permite ao consumidor identificar, de xeito fácil e sinxelo, un produto de máxima calidade. O valor engadido que ofrece este selo garante ao consumidor que está adquirindo un produto de Galicia e dunha calidade excepcional.

A posta en marcha de Galega 100% arrancou con catro marcas comerciais (Leyma, Feiraco, Larsa e Deleite), número que foi medrando progresivamente, ata superar a vintena de marcas pertencentes a máis dunha ducia de empresas.

O LÁCTEO, MÚSCULO FUNDAMENTAL DA ECONOMÍA GALEGA

A importancia desta iniciativa percíbese cando se ten en conta que o lácteo é un sector estratéxico para Galicia. Case o 40% do leite de España prodúcese na nosa comunidade, territorio que concentra máis da metade do total de explotación lácteas españolas. Os máis de 7.000 gandeiros galegos facturan preto de 800 millóns de euros anuais, cunha produción

que en 2019 rondou os 2,8 millóns de toneladas. Ademais de ser líder no ámbito nacional, Galicia é unha das principais rexións europeas en producción de leite.

A promoción do selo Galega 100% centrouse sobre todo en campañas durante a celebración de festas, eventos deportivos e gastronómicos. •

GALICIA CALIDADE: UN NOVO IMPULSO AO SECTOR AGROALIMENTARIO

VARIOS PRODUTOS GALEGOS DE CALIDADE: Dentro das accións para promover os produtos agroalimentarios galegos, a Xunta impulsa o selo Galicia Calidade. Esta marca englobará, identificará e potenciará todos os produtos de Galicia con denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas, e tamén os que cumpran requisitos de excelencia en produción ou transformación. Así mesmo, o selo Galicia Calidade amparará os produtos derivados das razas gandeiras autóctonas galegas, para darlles valor engadido. Por último, baixo esta acción conxunta incluiranse aos selos Galega 100%, para o leite de calidade diferenciada das nosas explotacións, e o PescadeRías.

PROMOVER OS PRODUTOS GALEGOS COMO A BASE SAUDABLE DO MODELO DE “DIETA ATLÁNTICA”: As accións deste plan teñen como obxectivo para 2020 dar a coñecer o selo Galicia Calidade a prescriptores de ámbito galego, nacional e internacional. O colofón será o primeiro Congreso Internacional de Galicia Calidade, no que expertos profesionais poderán coñecer empresas galegas representativas do noso rural, ademais de afondar na denominada “Dieta Atlántica”, concepto base para poñer en valor o factor saudable dos produtos de Galicia.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

     
Ir a Inicio