Crónica del sur de Lugo

Preto de 300 libros para celebrar o Día do Libro no Hospital de Monforte

O lote formou parte dos 4.000 exemplares que a Xunta distribúe entre os 14 hospitais públicos de Galicia pola efeméride do 23 de abril

Imaxe dos lotes de libros con destino aos 14 hospitais públicos de Galicia. En total, a Consellería de Cultura e Turismo remitiu 4.000 libros, 300 deles ao Hospital de Monforte. GPXG

A lectura tomou os centros hospitalarios da rede pública da Xunta, para conmemorar o Día do Libro. Na xornada do 23 de abril, a Consellería de Cultura e Turismo comezou a distribuir un total de 4.000 libros por estes centros, para facer partícipes desta efeméride cultural ás persoas ingresadas nos hospitais, así como aos seus acompañantes e ao persoal sanitario. O Hospital de Monforte recibiu un lote de 300 libros, procedentes, como o resto dos exemplares, das adquisicións que a Consellería fai ás editoras para o seu agasallo xeral e uso nas aulas hospitalarias.

LECER CULTURAL, E RECOÑECEMENTO A AUTORES E Á INDUSTRIA DO LIBRO GALEGO

Entre os obxectivos desta iniciativa, está visibilizar o importante papel que ten a industria do libro galego, ademais de recoñecer o labor dos autores e ofrecer unha opción cultural para todos aqueles que deban permanecer nos hospitais, así como aos profesionais sanitarios e aos usuarios das aulas hospitalarias e das unidades de pediatría.

PROTAGONISMO DA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL EN GALEGO

En canto aos contidos, no lote distribuído co gallo do Día do Libro abundan os títulos destinados ao público infantil e xuvenil en lingua galega, con especial atención a aspectos do noso patrimonio cultural, como o Camiño de Santiago. O catálogo de títulos inclúe tamén obras de Ricardo Carvalho Calero, escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020, ademais de obras clásicas e de grandes figuras da cultura galega.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre EVENTOS

     
Ir a Inicio