Retoman os traballos de reforma da estación de autobuses de Monforte

As obras, financiadas con 155.000 euros pola Xunta, estiveron paradas dúas semanas ata que se recuperaron as actividades non esenciais

Operarios traballando no arranxo da cuberta da estación de autobuses de Monforte. GPDTL

O proxecto de reforma integral da estación de autobuses de Monforte volveu a estar en marcha, logo do parón por mor da alerta sanitaria. As obras retomáronse unha vez que o Goberno central levantou a suspensión das actividades non esenciais. Dende a Delegación Territorial da Xunta, José Manuel Balseiro precisou que os traballadores desta obra pública están a seguir a normativa de prevención fronte ao coronavirus, empregando mascarillas e luvas, e respectando as distancias de seguridade.

ARRANXOS NAS DÁRSENAS, NA CUBERTA E NO INTERIOR DA ESTACIÓN

A Xunta destina a este proxecto un total de 155.000 euros, que servirán para darlle un lavado de cara integral ao recinto, tanto por dentro coma no aspecto exterior. Así, a estación de autobuses disporá de novo mobiliario na sala de espera, con novos bancos, e a instalación de novas pantallas para un mellor seguemento das saídas e chegadas. As obras contemplan tamén o repintado dos teitos e das paredes, ademais do arranxo da cuberta e das dársenas. O proxecto inclúe a reforma dos aseos, a renovación do sistema de iluminación e de recollida de augas pluviais, e o arranxo do peche perimetral da estación.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Lanzan o novo escape room da Ribeira Sacra para animar o confinamento a todas as idades

Seguinte Nova

Sober recupera a loita contra a velutina

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: