Crónica del sur de Lugo

Lanzan o novo escape room da Ribeira Sacra para animar o confinamento a todas as idades

O xogo on line promovido polo Consorcio de Turismo aposta pola diversión e os hábitos saudables a través dunha viaxe virtual por este territorio

Xa está disponible a nova proposta de lecer telemático para coñecer e desfrutar da Ribeira Sacra. O Consorcio de Turismo ten en marcha o escape room descargable “As 21 probas”, que definen como “unha viaxe virtual” que busca funcionar como “unha fonte de entretemento para grandes e cativos” durante o estado de alarma.

De feito, a proposta está deseñada baseándose nunha situación similar á que estamos vivindo, na que toda a poboación mundial está pechada nas súas casas polo ataque dun virus de dimensión planetarias. Todo un “reto do confinamento” que permite divertirse e coidarse en familia sen saír da casa.

DIVERSIÓN SAUDABLE NUNHA VIAXE POLOS RECUNCHOS MENOS COÑECIDOS DA RIBEIRA SACRA

Dende a xerencia do Consorcio, especificaron que o escape room da Ribeira Sacra non ten nada que ver co Búskalo, un xogo no que predomina o entramado histórico e o fío condutor entre varias localizacións. Na experiencia “As 21 probas”, propóñense diversos xogos de enxeño, para dar protagonismo á diversión, e favorecendo a interactuación lúdica para público de todas as idades, dende cativos ata os maiores da familia. Ademais, a proposta está pensada para a situación actual, xa que insiste nos hábitos saudables recomendados polas autoridades sanitarias. Ao mesmo tempo, permite pasear virtualmente por recunchos da Ribeira Sacra pouco coñecidos polo gran público.

Para descargar o escape room “As 21 probas” hai que acceder a través do enlace da páxina do Consorcio: https://turismo.ribeirasacra.org/gl/novas/las-21-pruebas, que ofrece tres rankings diferentes para cada equipo participante.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

     
Ir a Inicio