Crónica del sur de Lugo

Novas tarefas de desinfección en media ducia de residencias lucenses

Na zona sur, efectivos da UME e da Brilat actuaron nas residencias de ancianos de Sober e Sarria, e nos centros para persoas con discapacidade de Sarria e Bóveda

Labores de desinfección no centro para persoas con discapacidade de Sarria, realizadas pola UME e a Brilat o 21 de abril. GPSGL

Durante a xornada do 21 de abril, continuaron as tarefas de desinfección que a Unidade Militar de Emerxencias (UME) e a Brilat están a desenvolver na provincia de Lugo, dentro da Operación Balmis.

DOCE ACTUACIÓNS NA PROVINCIA NOS ÚLTIMOS TRES DÍAS

Segundo informaron dende a Subdelegación do Goberno, os traballos centráronse en media ducia de centros, nos municipios de Lugo, Baralla, Sarria, Bóveda, Sober e Outeiro de Rei. Os puntos de atención preferente son as residencias de ancianos, os centros para persoas con discapacidade, e o centro penitenciario de Bonxe. Na zona sur, efectivos da UME e da Brilat procederon á desinfección da residencia de anciáns Nosa Señora do Carme de Sarria, o centro Domus VI de Bóveda, a residencia de maiores de Sober e o centro para persoas con discapacidade de Sarria.

PROTECCIÓN AOS COLECTIVOS MÁIS VULNERABLES

Dende o domingo 19 de abril, a UME e a Brilat xa realizaron este tipo de tarefas en 12 municipios lucenses, entre os que se incluíron Chantada e Castro de Rei. A Operación Balmis teñen como obxectivo protexer fronte ao coronavirus aos grupos máis vulnerables, como son a poboación reclusa, os maiores e os residentes con discapacidade.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CORONAVIRUS

Ir a Inicio