Crónica del sur de Lugo

Bookcrossing dixital e roteiros on line para celebrar o Día do Libro no confinamento

Na efeméride do 23 de abril participan na provincia a Biblioteca Nodal de Lugo, o Arquivo Provincial e o Museo do Castro de Viladonga

As redes sociais e as novas tecnoloxías serven de apoio para vivir o Día do Libro dende as nosas casas. (Foto cedida).

As novas tecnoloxías permiten que os lectores celebren o Día do Libro sen moverse da súa casa. Respectar o confinamento e desfrutar da lectura na semana do 23 de abril é posible gracias a iniciativas como #aculturasegue, impulsada pola Consellería de Cultura a través das redes, e que dá acceso de balde a diversas iniciativas de lecer cultural.

ESCRITORES, LIBREIROS E AXENTES CULTURAIS FAN PROPOSTAS DENDE OS SEUS BALCÓNS

Na celebración telemática do Día do Libro, a Biblioteca Provincial de Lugo participa co programa “Balcóns de Lectura”. Este roteiro dixital fai un percorrido de suxerencias feitas por escritores, librerías e mediadores culturais dende os seus balcóns. Todas as propostas están accesibles nas redes sociais desta Biblioteca.

OS LIBROS DOS MUSEOS, ACCESIBLES NA SEMANA DO DÍA DO LIBRO

Aínda que os museos son coñecidos e valorados polas pezas que amosan nas exposición, estes centros culturais acollen tamén importantes bibliotecas, nas que poden atoparse títulos singulares ou documentos de gran valor para a investigación Para poñer en valor estes fondos menos coñecidos, o Museo do Castro de Viladonga presenta nas súas redes a súa colección bibliográfica.

BOOKCROSSING VIRTUAL PARA COMPARTIR LIBROS EN REDE

Dado que o confinamento paralizou o tradicional bookcrossing de libros físicos, o intercambio gratuíto de volumes pode facerse tamén por internet. Esta iniciativa conta coa participación de bibliotecas e centros de arte de toda España. Cada unha destas institucións ofrecerá nas súas redes un libro ou documento para compartir e descargar. Na Biblioteca do Artium de Vitoria elaborarán un vídeo con todas as bibliotecas que se sumen a este bookcrossing virtual, e que se poderá ver nas redes. Xa está confirmada a participación dos Arquivos xestionados pola Xunta de Galicia. De feito, o Arquivo Histórico Provincial de Lugo aproveitará a efeméride do Día do Libro para render unha homenaxe pública a todos os traballadores das bibliotecas.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir a Inicio