Crónica del sur de Lugo

ACES-Sarria lanza unha plataforma on line para apoiar aos pequenos comerciantes

Por adiantar as compras, os consumidores reciben de regalo un 10% do importe, que poderán doar á Cruz Vermella de Sarria

Pantallazo da plataforma online www.acesarria.net, na que se poden mercar bonos do comercio local, e facer doazón do 10% a Cruz Vermella Sarria. EC

De novo, comprar no comercio local de Sarria ten premio. Desta volta ten, ademais, un plus de solidariedade, tanto cos que loitan directamente contra a pandemia como cos que están a sufrir as consecuencias económicas do confinamento.

PARA COMPRAR E FACER AGASALLOS CUN REGALO DO 10%, OU AMBAS COUSAS APOIANDO TAMÉN A CRUZ VERMELLA SARRIA

Para materializar esta fórmula, ACES-Sarria vén de poñer en marcha unha nova plataforma, www.acesarria.net, na que se dan a man a boa compra, o relanzamento económico e a solidariedade. A web, foi sinxela e intuitiva, permite aos consumidores mercar bonos para consumilos cando reabran as tendas ao remate do estado de alarma.

Os bonos son de tres tipos. O bono diñeiro permite pagar unha cantidade fixa, de 30, 50 ou 100 euros, que gastará á volta do confinamento. Con esta fórmula, o cliente recibirá o 10% do importe como agasallo, para gastar no mesmo local.

O bono agasallo funciona do mesmo xeito, pero destinando as cantidades fixas a un terceiro, para que as consuma no establecemento contratado como agasallo. Este bono tamén ten o plus do 10%.

Se o consumidor quere doar este 10% á Cruz Vermella de Sarria, poderá escoller a modalide de Bono Solidario. As cantidades fixas son as mesmas, pero o consumidor renuncia ao agasallo do 10% do importe para que se destine ao apoio a esta entidade social na loita contra o coronavirus.

“TRABALLO DE EQUIPO” ABERTO A TODOS “PORQUE XUNTOS SERÁ MÁIS FÁCIL O CAMIÑO DE VOLTA”

Dende ACES-Sarria destacaron que esta iniciativa é posible “grazas a que hai un traballo de equipo”, que ademais “non para de crecer”, pois está a sumar continuamente novos negocios. Para formar parte deste proxecto, totalmente gratuíto, non é imprescindible ser asociado de ACES-Sarria, xa que está aberto a todos os sectores e negocio, “porque xuntos será máis fácil o camiño de volta”.

QUINCE ESTABLECEMENTOS XA OFRECEN OS SEUS BONOS EN WWW.ACESARRIA.NET

Na apertura da plataforma www.acesarria.net, que arrancou o 18 de abril, participaron máis dunha quincena de establecementos, aínda que en breve rozarán a vintena, con novas adhesión xa confirmadas. Este mercado on line conta dende o primeiro día coa participación de Bicos de Fío, Cactus Rose, Calzados Gayoso, Cris Abad, Dimar, Duet Moda, Lar de Menchu, Mercería Sarillo, Moncho Moda, Santamarta, Senayo, Ultreia, Viaxes Ecuador, Vida Láctea e Vilamey.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

     
Ir a Inicio