Nenos e nenas do colexio de Escairón únense nun vídeo para enviar ánimo e esperanza no confinamento

O vídeo, elaborado polo profesorado de Infantil, amosa instantáneas tomadas estes días, coas mensaxes feitas polos cativos

O confinamento no sur de Lugo conta cunha nova mensaxe de esperanza, desta volta, lanzada polos máis cativos. Escolares de infantil do colexio de Escairón protagonizan un vídeo no que amosan as súas frases e sorrisos para animar a todos a levar mellor estes días de espera.

AGRADECEMENTO E “ORGULLO” POLA INICIATIVA E ACTITUDE DE ESCOLARES E PROFESORADO

A peza, elaborada polo profesorado de Infantil do centro público da capitalidade do Saviñao, pode verse completa na páxina de Facebook do Concello. Dende o Consistorio, o alcalde, Juan Carlos Armesto, agradeceu ao alumnado e profesorado do colexio de Escairón “por dar ánimo e esperanza a todas as persoas”. Armesto salientou o valor desta peza, xa que “emociona ver como os nosos nenos e nenas están a levar tan ben  o confinamento”. O rexedor local afirmou que dende o Concello “sentímonos orgullosos de todos estes nenos e nenas, así como de todos os profesionais que traballan no centro”.

A ACTITUDE DESTES NENOS, “UNHA LECCIÓN” PARA QUE TODA A VECIÑANZA SIGA GARDANDO AS NORMAS DO CONFINAMENTO

O alcalde do Saviñao aproveitou o vídeo dos escolares para facer un chamamento á veciñanza, para que siga cumprindo coas normas de seguridade. “Os máis cativos están dándonos unha lección”, afirmou. Armesto destacou que “a súa actitude amosa a importancia de que non podemos baixar a garda, e de que os veciños temos que seguir facendo caso das recomendacións que fan as autoridades sanitarias”.

O vídeo pode verse tamén no enlace: https://www.facebook.com/ConcelloSavinao/videos/2529192324062098/

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Novo concerto en directo no Facebook do Concello da Pobra do Brollón

Seguinte Nova

Galicia priorizará o uso dos 30.000 test de dobre banda en sanitarios en zonas Covid-19 de hospitais, doentes en urxencias e personal de residencias

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: