III Open de Golf Terra Sacra en Pantón

Foto de grupo cos gañadores do III Open de Golf Terra Sacra. (BAG.)

O pasado sábado 25 de xuño disputouse no OCA Augas Santas (Pantón), o III Open de Golf Terra Sacra (co patrocinio do grupo Abante, Alumetal, Densa) no que se deron cita 76 xogadores. En canto aos resultados, na categoría de Scratch o vencedor foi o monfortino Manuel Hernández, con 70 golpes brutos. Na primeira categoría o vencedor foi o local Fran Varela, seguido de José Benito Vázquez, ambos con 38 puntos. Pero é de destacar que na primeira categoría fixo un papel salientable a xogadora de Valdeorras Isabel Fernández, que con 41 puntos, impúxose á portuguesa Mª Teresa Ferreira e ao xogador local Ramón Enríquez.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Torneo Sargadelos de golf en Monforte

Seguinte Nova

O equipo de A Pinguela, inscrito na Superliga de Voleibol

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: