A Deputación adianta aos Concellos 11 millóns de euros dos pagos mensuais por tributos previstos ata xuño

A medida dará liquidez aos 63 concellos lucenses que teñen delegada na Deputación a xestión e cobro de tributos

A Deputación anunciou máis medidas de asistencia aos concellos pola emerxencia sanitaria. (Arquivo EC)

O Goberno provincial adiantará aos Concellos un total de 11 millóns de euros en concepto dos pagos mensuais previstos ata xuño, e procedentes da recadación delegada de impostos. Segundo explicou o presidente da Deputación, José Tomé, esta decisión permitirá que os 63 municipios lucenses acollidos á recadación delegada dispoñan de máis liquidez para afrontar “o novo escenario de prioridades e necesidades provocado pola crise do coronavirus”. Deste xeito, o 93% dos concellos lucenses disporán de máis cartos para atender “gastos imprevistos de material sanitario ou medidas sociais”, ademais de garantir os pagos a empresas e provedores”, salientou Tomé.

Os 11 millóns estimados polo organismo provincial corresponden ás mensualidades de abril, maio e xuño do imposto sobre vehículos de tracción mecánica, o IBI e o imposto de actividades económicas, cuxa recadación xestiona a Deputación para un total de 63 concellos lucenses.

MÁIS COOPERACIÓN COS CONCELLOS

No anuncio desta nova inxección de liquidez ao 94% dos municipios lucenses, o presidente da Deputación lembrou outras medidas que o Goberno provincial puxo en marcha dende o inicio do estado de alarma. Entre elas, Tomé destacou a aprobación, a comezos deste mes, do Plan Único 2020, cun total de 21,3 millóns de euros, e que se modificou para permitir aos concellos dispoñer de máis fondos, ata 10,6 millóns, para cubrir medidas sociais derivadas desta emerxencia sanitaria.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os 13 deputados do Goberno provincial doan o 30% do salario de abril para paliar os danos da pandemia

Seguinte Nova

Os deputados provinciais do PP doan o 30% do soldo de abril e das indemnizacións por asistencia a órganos colexiados

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: