Os nenos de Bóveda debuxan para animar o confinamento

O CEIP Rosalía de Castro e o Concello lanzan un concurso para escolares, no que deberán debuxar a que sitio de Bóveda queren ir cando remate este periodo

Cartaz do concurso de debuxo «Cando pase todo isto a que lugar de Bóveda queres ir?», convocado polo CEIP Rosalía de Castro e o Concello de Bóveda. GPCB

Os cativos de Bóveda están chamados a participar nunha iniciativa lúdica e creativa para divertirse mentres non poden acudir ás aulas. Dende o CEIP Rosalía de Castro e o Concello, veñen de convocar un concurso de debuxo no que poden participar todos os escolares do municipio, con premio para todos.

ENTREGAS POR CORREO ELECTRÓNICO ATA O 14 DE ABRIL

Dende a organización do concurso, propuxeron aos escolares debuxar a que sitio do municipio de Bóveda queren ir unha vez remate este periodo de confinamento na casa. Os debuxos deberán enviarse ao enderezo electrónico ceip.rosalia.boveda@edu.xunta.gal, ata o 14 de abril. O Concello de Bóveda dará difusión a todos os debuxos recibidos, que se colgarán nas redes sociais do Consistorio (Facebook e Instagram).

FOTO SÓ DO DEBUXO, OU TAMÉN DO PROPIO ESCOLAR CO DESEÑO QUE FIXO PARA O CONCURSO

Os interesados en participar deberán mandar o seu debuxo, indicando nalgunha das marxes do deseño o seu nome e idade. Os documentos poderán conter só o debuxo, ou a foto do autor ou autora amosando o debuxo co que concursa.

CADA PARTICIPANTE PODERÁ PLANTAR A SÚA PROPIA ÁRBORE NOS TROLLOS

Todos os escolares que participen no concurso terán como premio unha excursión á Aula da Natureza de Os Trollos, na que poderán desfrutar dunha visita guiada, e de plantar a súa propia árbore.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Homenaxe de aplausos aos traballadores da Residencia da Terceira Idade de Sober

Seguinte Nova

Os concellos lucenses poderán celebrar plenos e reunións telemáticas durante a pandemia

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: