Crónica del sur de Lugo

O Concello do Saviñao reparte os EPIs concedidos pola Xunta para combater o coronavirus

Carlos Armesto agradece a colaboración do Executivo autonómico, xa que é o primeiro material que reciben dunha administración

Imaxe dunha mostra dos EPIS repartidos polo Concello do Saviñao

O Concello de O Saviñao reparte o material de protección individual (EPIs) concedidos pola Xunta de Galicia para combater o coronavirus. En total, con este primeiro envío realizado ás entidades locais, O Saviñao xa dispón de 1.000 luvas e 114 mascarillas. Tal é así que, segundo adianta o alcalde, Carlos Armesto, parte deste subministro xa foi distribuído ás traballadoras de axuda a domicilio.

O rexedor municipal agradece a colaboración do Executivo autonómico, xa que se trata do primeiro material que reciben dunha administración. Armesto fai esta consideración porque centralizar a adquisición e distribución era un compromiso que asumiu directamente o Goberno central, pero, a día de hoxe, aínda non o remitiu aos Concellos. “Polo menos, no Saviñao só recibimos o da Xunta”, advirte.

Moito destes sistemas de protección proceden de recursos propios, doazón de empresas, institucións e mesmo particulares que altruistamente non dubidaron en axudar nesta situación complicada. Isto supuxo e está a supoñer un gran esforzo tendo en conta a súa escaseza. Carlos Armesto insiste así na necesidade de que os Concellos “contemos con estes EPIs”, polo que, ademáis de ao Goberno do Estado, insta a outras administracións, “véxase a Deputación”, a que tamén destinen fondos á súa adquisición. “Debemos de redobrar esforzos entre todos. O material é necesario e grazas á Xunta xa o estamos a repartir. Esta é unha medida máis, como tamén o é o reparto de alimentos e medicinas que os traballadores municipais está a facer a domicilio”, conclúe

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CORONAVIRUS

     
Ir a Inicio