Crónica del sur de Lugo

A Xunta actualiza a relación dos hoteis de garda na provincia de Lugo

Inclúe dous hoteis en Monforte e un en Sarria

Imaxe do Hotel Condes de Lemos, xunto o Hotel Ribeira Sacra de Monforte e Casa Matías en Sarria, os tres establecementos de garda durante o confinamento.

A Xunta de Galicia ven de actualizar o listado de hoteis de garda dispoñibeis na provincia de Lugo nesta crise de confinamento polo coronavirus. Según as declaracións do Delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro:

“Temos que agradecer a boa disposición dos 11 hoteis da nosa provincia que decidiron colaborar coa Xunta para crear aloxamentos de garda. Son habitacións  a disposición de persoas que poidan verse afectadas polo peche dos hoteis que decretou o Goberno central como consecuencia da crise do coronavirus.

Estamos a falar de aloxamentos dirixidos a colectivos moi específicos: traballadores desprazados con residencia noutros lugares que estean a prestar servizos esenciais, como persoal sanitario ou de residencias, operarios de obras públicas, colectivos en situacións de especial vulnerabilidade social como vítimas de violencia de xénero e, finalmente para cidadáns en tránsito.

Na web da Xunta e de Turismo de Galicia podes acceder ao listado completo por cada provincia, que se actualiza en función das circunstancias.

https://www.turismo.gal/covid19

Esta listaxe de aloxamento é dinámica polo que pode sufrir cambios que serán debidamente actualizados.

Para a xestión de reservas e dúbidas sobre aloxamento, están dispoñibles o teléfono 986 44 70 60 e o enderezo mice@abramar.com da empresa especializada Viajes Abramar, encargada de dar soporte nestas semanas á demanda aloxativa.

Hai aloxamentos dispoñibles en 8 municipios lucenses: Lugo cidade, Ribadeo, Viveiro, Monforte (Hotel Condes de Lemos, y Hotel Ribeira Sacra), Vilalba, Sarria (Casa Matías), Portomarín e Burela. Todos prestan a súa colaboración voluntariamente e adoptarán todas as medidas de seguridade e hixiene sanitaria oportunas”

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CORONAVIRUS

     
Ir a Inicio