O Concello de Bóveda reparte mascarillas protectoras nos locais que traballan de cara ao publico

Repartiranse 60 en todo o termo municipal

O Concello de Bóveda está a levar a cabo o reparto de mascarillas protectoras en todos os locais que traballan de cara ao público. Repartiranse preto de 60 en todo o termo municipal. Está previsto que o reparto remate no día de hoxe.

O reparto inclúe farmacias, establecementos de alimentación, estancos, panaderías, taxistas e todos aqueles negocios que siguen abertos ao público aos que se lles dá unha mascarilla por cada traballador.

A dotación tamén foi entregada ao persoal municipal, servizos sociais e outros traballadores dependentes do Concello cando se decretou o estado de alerta sanitaria.

O Goberno local segue adiante tamén cos traballos de limpeza e desinfección das rúas, medidas encamiñadas todas elas a frear o coronavirus.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

As impresoras 3D tamén funcionan en Sober

Seguinte Nova

O Concello da Pobra do Brollón inicia un ciclo de concertos en internet

Últimas noticias sobre CORONAVIRUS

A %d blogueros les gusta esto: