Crónica del sur de Lugo

As impresoras 3D tamén funcionan en Sober

Un veciño de Telleiros fai vinte máscaras de protección cunha impresora 3D que doa ao Concello de Sober

Héctor Suárez, veciño de Telleiros, vén de ofrecerlle ao Concello de Sober a doazón de 20 máscaras de protección que o Goberno local destinará ás auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e ao persoal de Protección Civil que estes días fai o reparto de produtos básicos a veciños e veciñas.

O soberino dispón de dúas impresoras en 3D que normalmente emprega para fabricar pezas para drons e que agora, unha vez decretada a alerta sanitaria e a situación de emerxencia, decidiu destinar a fabricar máscaras de protección autorizadas por Sanidade para protexerse do coronavirus.

O Concello de Sober agradece este gran xesto do seu veciño, que ademais de imprimir as máscaras en 3D as preparara coas gomas e elementos precisos para o seu uso. A máscara cubre todo o rostro, desde os ollos ata debaixo do queixelo.

“É un novo xesto que, ao igual que o da empresa Pulviplass Ibérica cedendo as sulfatadoras, demostra o solidarios que somos en Sober e que todo o mundo está a arrimar o ombreiro”, precisa o rexedor, Luis Fernández Guitián.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CORONAVIRUS

Ir a Inicio