Crónica del sur de Lugo

Visitas virtuais, adiviñas e reportaxes para facer turismo pola provincia de Lugo sen saír da casa

O departamento de Turismo da Deputación ofrece materiais interactivos nas súas redes sociais como opción lúdica durante os días de confinamento

As redes sociais da Deputación propoñen entreter os días de confinamento resolvendo adiviñas e respondendo preguntas sobre o patrimonio cultural e natural da provincia. EC

Viaxar pola provincia de Lugo a través das redes sociais é a proposta cultural que a Deputación ofrece para pasar estes días de confinamento. Os veciños e veciñas poden coñecer os diversos recunchos das terras lucenses, visualizando pequenas pezas audiovisuais, ou divertirse aprendendo curiosidades culturais sobre este territorio.

DESCUBRIR LUGO CUNHA “VENTÁ VIRTUAL” E IR TOMANDO NOTA DE SITIOS DE INTERESE PARA CANDO REMATE O CONFINAMENTO

A iniciativa, elaborada en colaboración co Servizo de Audiovisuais por iniciativa da área de Turismo, ofrece o programa “Descubrindo Lugo”, que comparte a través das contas de Twitter, Facebook e Instagram da Deputación diversas curtas audiovisuais, coas que poder achegarse ao patrimonio paisaxístico e cultural lucense. “Trátase de ofrecer unha venta virtual a todos os que nos seguen nas redes sociais”, explicou a deputada de Turismo, Pilar García Porto, “a modo de paseos e visitas sen saír da casa”. Deste xeito, os días de permanencia obrigada nos domicilios por mor do estado de alarma poderán servir “para ir tomando nota para cando todo isto pase e poidamos ir en persoa a coñecelos”.

Tamén se poden realizar visitas virtuais a puntos de interese turístico a través das redes sociais da Deputación. EC

MATERIAIS VARIADOS EN YOUTUBE

O Servizo de Audiovisuais da Deputación ten unha canle en YouTube (https://www.youtube.com/user/FUNDACIONTIC), con noticias sobre as actividades do organismo provincial, historias interesantes, reportaxes sobre eventos e feiras gastronómicas, e cobertura de diversos fitos da axenda festiva da provincia.

ENTRETEMENTO CON PREGUNTAS E ADIVIÑAS SOBRE PUNTOS DE INTERESE

Nas redes sociais da Deputación, tamén se poden atopar entradas nas que se plantea aos seguidores pequenas preguntas ou adiviñas sobre monumentos, costumes, localizacións e outras curiosidades culturais sobre as terras lucenses. Facemos preguntas sobre o territorio, propoñemos adiviñas e enlazamos contido aos nosos propios recursos que temos na app Inventrip e na na nosa propia web”, salientou a responsable de Turismo.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

     
Ir a Inicio