Crónica del sur de Lugo

Comezou o reparto de equipos de protección para o persoal dos concellos lucenses

O Posto de Mando Avanzado de Lugo entregou xa case 20.000 mascarillas e 17.500 pares de guantes

O delegado territorial da Xunta en Lugo coa alcaldesa de Guntín, durante o reparto de material urxente de protección, o martes 24 de marzo. GPDTL

A Xunta vén de iniciar o reparto de lotes de material de protección para o persoal dos concellos. O primeiro lote que o Executivo galego destina á provincia de Lugo incluiu case 20.000 mascarilas e 17.500 pares de guantes, con destino a 17 concellos. Dende a Delegación da Xunta en Lugo, encargada de realizar estas funcións, explicaron que o reparto priorizou as peticións “máis urxentes” que os concellos realizaron a través da Federación Galega de Municipios e Provincias.

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo coordina o Posto de Mando Avanzado, que se constituiu o sábado 21 de marzo, para organizar as labores necesarias para atender as emerxencias derivadas da pandemia do coronavirus. Ademais de distribuir o material de protección ás entidades locais, o Posto de Mando Avanzado tamén recolle as petición dos concellos e lles remite toda a información que precisen. Así mesmo, este Posto está canalizando, a través do 112, as ofertas de doazón de materiais.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

     
Ir a Inicio