Crónica del sur de Lugo

A Xunta priorizará aos concellos pequenos no reparto de material de protección

O reparto arrancou o 23 de marzo cunha primeira distribución de 15.000 mascarillas e 100.000 pares de guantes

Reunión por videoconferencia do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, cos delegados territoriais para abordar a situación da epidemia de coronavirus. GPXG

A distribución de equipos de protección aos concellos por parte da Xunta xa está en marcha. O luns 23 de marzo, o Executivo iniciou, en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), o reparto deste tipo de material, dando prioridade aos concellos máis pequenos. “Estou seguro de que será unha axuda importante para que, dende os servizos municipais, estes concellos poidan seguir traballando e protexendo aos funcionarios nas tarefas esenciais que desenvolven”, afirmou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, logo da videoconferencia que celebrou o mesmo luns cos delegados territoriais para coordinar a actuación autonómica durante a pandemia do coronavirus. A primeira quenda de materiais inclúe 15.000 mascarillas e 100.000 pares de guantes.

BRIGADAS DE MEDIO RURAL PARA DESINFECTAR OS EXTERIORES DE RECINTOS SOCIOCOMUNITARIOS NOS CONCELLOS PEQUENOS

Outra das accións da Xunta fronte ao coronavirus virá da man das brigadas da Consellería do Medio Rural. Segundo adiantou Rueda, o martes 24 de marzo comezarán a actuar na desinfección de exteriores de centros sanitarios, residencias e centros sanitarios, localizados nos concellos máis pequenos.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio