Crónica del sur de Lugo

Reparto de alimentos a domicilio para atender necesidades no Saviñao

•Realízase previa solicitude a través dos Servizos Sociais •Dende o Concello insisten en que a veciñanza fique nas súas casas para evitar o contaxio

Operarios municipais do Concello do Saviñao empaquetan lotes de alimentos para distribuír entre a veciñanza. GPCSV

O Concello do Saviñao está a ofrecer un servizo de reparto de alimentos a domicilio para aquelas persoas que o precisen. A través dos Servizos Sociais, o Consistorio canalizou as posibles situacións de necesidade, para actuar diante de posibles casos de desabastecemento. O servizo, destinado sobre todo ás persoas máis vulnerables, funciona baixo petición, chamando ao teléfono do Concello (982 452 061).

Dende o Concello, o alcalde, Juan Carlos Armesto, lembrou a importancia de que os veciños e veciñas extremen as precaucións ficando nas súas casas. O rexedor púxose á súa disposición para calquer cuestión que poida xurdir.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

     
Ir a Inicio