Crónica del sur de Lugo

O concello de Sober entrega de balde sulfatadoras a todos os concellos da Ribeira Sacra, para tarefas de desinfección

O Concello de Sober xestionou coa empresa local PulviPlass Ibérica a compra de sulfatadoras de alta presión con diversos tipos de boquillas e máscara protectora para entregar en todos os Concellos da Ribeira Sacra.

O Goberno local do Concello de Sober decide tomar esta medida para axudar aos concellos veciños nas tarifas de limpeza e desinfección dos espazos públicos que están levando a cabo como consecuencia do coronavirus.

O alcalde, Luis Fernández Guitián, explica que desde hoxe mesmo lle farán entrega dos equipos, que levan por nome Sober, aos concellos da Ribeira Sacra para que poidan empezar a empregalos canto antes, como así o vén facendo a localidade desde que se decretou o estado de alarma.

A entrega farase nos 25 concellos que pertencen á Ribeira Sacra das provincias de Lugo e Ourense. A partir de agora disporán de máquinas de alta presión con xogo de boquillas, unha dobre especialmente indicada para desinfección.

O reparto vai facerse a través dos GES e Grupos de Protección Civil da Comarca, que colaborarán co Concello de Sober nesta iniciativa.

O alcalde agradece tamén a colaboración de PulviPlass Ibérica, a única empresa deste sector que fabrica en Galicia.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CORONAVIRUS

Ir a Inicio