Crónica del sur de Lugo

Sober estrea o servizo de entrega a domicilio para evitar saídas e frear os contaxios

O Concello de Sober desenvolve o servizo de entrega a domicilio a través do persoal de Protección Civil. GPCS

O luns 16 de marzo, o Concello de Sober estreou o novo servizo de entrega a domicilio de produtos de primeira necesidade. Durante a mañá, o persoal de Protección Civil realizaron catro entregas, con destino ás parroquias de Vilaescura, Sistín do Mato, Arxemil e Ferroños.

O Concello realiza este servizo de balde, para levar comida a domicilio con carácter inmediato ás veciñas e veciños que o necesiten e non teñan medios de desprazamento. A finalidade é que a veciñanza se manteña na casa e así deter o contaxio do coronavirus.

O servizo debe solicitarse no Concello de Sober ou nos Servizos Sociais, nos teléfonos 982 46 00 01 e 982 46 05 13.

Dende o Concello de Sober lembraron á veciñanza que é moi importante permanecer na casa, agás nos casos de forza maior.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CORONAVIRUS

Ir a Inicio