Tendas de alimentación animal e servizos veterinarios poderán abrir durante o estado de alarma

A Xunta de Galicia informou do impacto da declaración do Estado de alarma no que afecta aos animais de compañía. Dende o Executivo instan á cidadanía a unha tenza responsable, polo que se establecen unha serie de medidas. Por unha banda, poderán permanecer abertas as tendas de alimentación de animais, así como os servizos veterinarios. Asemade o persoal dos centros de acollida seguirá acudindo a alimentar e coidar dos animais que se atopen ingresados nun centro destas características e os técnicos dos centros de recuperación de fauna silvestre continuarán co desenvolvemento das súas funcións.

Por outra, dende a Xunta insisten en salientar que só os propietarios sen síntomas poderán sacar aos seus cans a pasear, de xeito individual; co fin de que os cánidos poidan facer as súas necesidades. Non obstante, non será necesario limpar con ningunha sustancia desinfectante a zona defecada, tras a retirada da feces do can.

Recórdase que a información científica indica que os animais de compañía non padecen nin transmiten o coronavirus.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Rede Museística Provincial de Lugo ofrecerá actividades didácticas en liña

Seguinte Nova

A Pobra do Brollón priorizará a atención aos máis vulnerables cun servizo de entrega a domicilio de alimentos e medicinas

Últimas noticias sobre CORONAVIRUS

A %d blogueros les gusta esto: