Crónica del sur de Lugo

Bóveda continuará reducindo a factura eléctrica cun novo plan de renovación do alumeado público

Imaxe da última quenda dos traballos que o Concello de Bóveda realizou a comezos de ano para renovar parte do alumeado público, e lograr un consumo máis eficiente. GPCB

Aínda con traballos en marcha dende comezos de ano para renovar unha parte importante do alumeado público, o Concello de Bóveda anunciou un novo plan para seguir reducindo a factura eléctrica municipal.

CASE 400 NOVAS LUMINARIAS PARA OS NÚCLEOS DE BÓVEDA E RUBIÁN
Segundo informaron dende o Consistorio, o Goberno local vén de solicitar unha nova achega ao IDAE coa que financiar a renovación de 379 luminarias nos núcleos de Bóveda e Rubián, que suporán un investimento de 184.737 euros. O Concello de Bóveda renovará case catrocentos puntos de luz, instalando novos focos tipo LED, de maior rendemento lumínico e menor consumo. Ademais, instalaranse seis novos cadros eléctricos e 4.400 metros de novo cableado. Dende o Goberno local explicaron que estas medidas suporán un aforro do 57,27% na factura eléctrica.
Os traballos realizaranse na Avenida de San Vicente; na parroquia de Ver, na Avenida de Alfonso XIII e no polígono industrial; en Bóveda, na Avenida de Galicia e na Avenida de Santiago, e no núcleo de Rubián.
Para financiar estes traballos, o Concello aportará o 20% do investimento total, que estiman retornará nun prazo de dous anos, a través do aforro pola redución do consumo e das menores necesidades de mantemento. Deste xeito, trátase tamén de dar un servizo máis seguro e de calidade. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

     
Ir a Inicio