Unha visita guiada de balde por Monforte serviu para celebrar o Día Internacional do Guía Turístico

O itinerario tivo lugar o venres 21 de febreiro, con saída dende a Torre da Homenaxe, un dos símbolos da cidade de Monforte de Lemos. GPCM

A cidade do Cabe sumouse, o 21 de febreiro, á celebración do Día Internacional do Guía Turístico. Dende a Torre da Homenaxe partiu a visita guiada, de balde e aberta a toda a cidadanía, coa que o Concello se sumou a esta efeméride.
Este singular evento, organizado pola Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia, contou coa participación de estudantes que cursan o ciclo superior de Guía, Información e Asistencia Turísticas, impartido no IES Río Cabe de Monforte. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Asociación Agromuralla pide á Xunta que as Oficinas Agrarias teñan «máis contacto co sector»

Seguinte Nova

Bóveda continuará reducindo a factura eléctrica cun novo plan de renovación do alumeado público

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: