Rosa Cedrón e Emilio Rúa levaron o seu espectáculo «Diversións» ao público do Círculo Saviñao

O concerto “Diversións”, a cargo de Rosa Cedrón e Emilio Rúa, tivo lugar no Círculo Saviñao de Escairón o sábado 22 de febreiro. CS

A música en directo segue a ser un dos pratos fortes da axenda cultural do Círculo Saviñao. Desta volta, o emblemático espazo do sur lucense encheuse de público para desfrutar do concerto “Diversións”, a cargo da monfortina Rosa Cedrón e do ourensán Emilio Rúa. Os dous intérpretes ofreceron temas do último disco de Rúa, titulado “Duetos”, no que participa Cedrón, ademais dun variado repertorio de temas da música popular galega, que foron secundadas polo público asistente.
Este concerto serviu para animar a axenda de Entroido do Círculo Saviñao.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis dunha trintena de nenos e nenas participaron en Sarria na nova xornada da Liga Baby Basket

Seguinte Nova

A Asociación Agromuralla pide á Xunta que as Oficinas Agrarias teñan «máis contacto co sector»

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: