O Concello de Monforte xa comezou a preparar a que será a cuarta edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra, unha cita cualificada como exitosa polos adegueiros e a empresa organizadora na reunión convocada polo alcalde o pasado 21 de febreiro. Nos tres días de festival, pasaron polo Malecón monfortino preto de 15.000 persoas, que puideron saborear os viños ofrecidos polas 25 adegas participantes.
Na reunión de traballo, o rexedor local, José Tomé, lembrou que o pasado festival contou cun orzamento de case 131.800 euros, dos que 40.000 aportounos a Deputación de Lugo, e os outros 92.000 achegounos o Consistorio. Tomé subliñou que na edición de 2020, a aportación do organismo provincial «aumentará algo», o que suporá un menor desembolso para o Concello. Deste xeito, queda «garantizada» a celebración da cuarta edición deste festival, que terá lugar do 3 ao 5 de xullo de 2020. •
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
A Asociación Veciñal do Saviñao, representada pola súa Presidenta Celia Ferreiro Riazor, solicitou á Alcaldía un
A Asociación Cosmética Galega (ACG) comeza o seu camiño co impulso de vinte e dúas empresas
Representantes da Asociación de Veciños de Parteme, aldea da parroquia de Nocedo, mantiveron un encontro coa
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un