Monforte contará con máis fondos da Deputación para impulsar a vindeira edición do Festival do Viño

O alcalde de Monforte reuniuse cos adegueiros e a empresa organizadora para facer balance da última edición do Festival do Viño, e preparar a próxima cita deste verán. GPCM

O Concello de Monforte xa comezou a preparar a que será a cuarta edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra, unha cita cualificada como exitosa polos adegueiros e a empresa organizadora na reunión convocada polo alcalde o pasado 21 de febreiro. Nos tres días de festival, pasaron polo Malecón monfortino preto de 15.000 persoas, que puideron saborear os viños ofrecidos polas 25 adegas participantes.
Na reunión de traballo, o rexedor local, José Tomé, lembrou que o pasado festival contou cun orzamento de case 131.800 euros, dos que 40.000 aportounos a Deputación de Lugo, e os outros 92.000 achegounos o Consistorio. Tomé subliñou que na edición de 2020, a aportación do organismo provincial «aumentará algo», o que suporá un menor desembolso para o Concello. Deste xeito, queda «garantizada» a celebración da cuarta edición deste festival, que terá lugar do 3 ao 5 de xullo de 2020. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello de Ribas de Sil quere impulsar as Patronais cunha festa de corte histórico e unha feira do viño

Seguinte Nova

Recepción no Concello de Monforte aos taekwondistas Laura Álvarez e Álex Camba, recentes campións de España

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: