Crónica del sur de Lugo

Un premio nacional de deseño para o artesán soberino Manuel González Rodríguez

Manuel González ten previsto abrir no verán un taller de artesanía na parroquia soberina de Liñarán. GPCS

O soberino Manuel González Rodríguez vén de resultar premiado no certame nacional de deseño Rado Star Prize Spain, celebrado este mes no marco do Madrid Design Festival, co obxectivo de dar a coñecer ás novas promesas do deseño. González concursou coa peza “Sestrelo”, unha mesiña auxiliar que tamén serve de asento.
Dende o Concello de Sober felicitaron a Manuel González, de 34 anos, que está rematando Ebanistería Artística na Escola de Arte e Superior de Deseño de Ourense, e abrirá pronto un taller en Liñarán.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir a Inicio