Crónica del sur de Lugo

Case 50 concellos lucenses contarán cun desfibrilador financiado pola Deputación

O presidente da Deputación, José Tomé, durante a presentación do programa «Lugo, provincia cardioprotexida», a mediados de febreiro. GPDL

Un total de 49 concellos contarán cun desfibrilador de uso público financiado pola Deputación de Lugo. Así o anunciou o presidente do organismo provincial, José Tomé, logo da aprobación do programa «Lugo, provincia cardioprotexida», a mediados deste mes.

MELLORES SERVIZOS PARA OS CONCELLOS
Tomé salientou que esta iniciativa, para a que a Deputación destina 60.000 euros, trata de aumentar a protección dos veciños fronte a un posible fallo cardíaco. «Este plan enmárcase na aposta do Goberno provincial polas políticas sociais», explicou Tomé, quen destacou «o noso compromiso firme coa cooperación cos concellos, de xeito que poidan prestar servizos públicos da mellor calidade e aforrando custes».
Os responsables provinciais explicaron que estes equipos de desfibriladores semiautomáticos van dirixidos aos 49 municipios que decidiron adherirse a este programa. A dotación que ofrece o organismo provincial aporta, a maiores do instrumental, a formación necesaria para que o persoal do Concello poida empregar o desfibrilador.
Dende a Deputación lembraron a recomendación dos especialistas en Cardioloxía sobre a importancia da atención inmediata en situacións de parada cardiorrespiratoria. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

     
Ir a Inicio