Crónica del sur de Lugo

A XL Feira do Viño de Amandi celebrarase o 18 e o 19 de abril, con Benedicta Sánchez de pregoeira

Benedicta Sánchez, premio Goya á Mellor Actriz Revelación, será a pregoeira da XL Feira do Viño de Amandi. GPDTL

A organización da XL Feira do Viño de Amandi decidiu por unanimidade aprazar a celebración deste evento, para que non coincida coas eleccións autonómicas do 5 de abril. Deste xeito, a feira enolóxica decana da provincia terá lugar o 18 e 19 de abril.

DATA INSÓLITA NOS MÁIS DE 40 ANOS DE FEIRA
Dende o Concello destacaron que é a primeira vez, nos máis de 40 anos de historia da Feira, que este evento non se celebrará o Domingo de Ramos.
A pregoeira desta edición será Benedicta Sánchez, galardoada co Goya á Mellor Actriz Revelación polo seu papel no filme galego «O que arde», dirixido por Oliver Laxe. Segundo o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, a elección desta actriz xustificouse porque «a muller é imprescindible na viticultura de Amandi, e Benedicta representa perfectamente a esta muller heroica».
A Peroxa será o Concello convidado na Feira. A apertura da celebración, o 18 de abril, estará a cargo dos familiares de David López Fernández, de Fontemaior- Lobios, e de Fidel Pérez Durán, de Vilar de Mouros-Doade. Deste xeito, a organización quere homenaxear aos viticultores e adegueiros xa falecidos que participaron nas primeiras edicións da Feira de Amandi. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre EVENTOS

     
Ir a Inicio