Crónica del sur de Lugo

Máis gasto social, investimentos en servizos, e rebaixa na taxa do lixo nos Orzamentos de Sober para 2020

• O Goberno local quere estar a fin de ano con débeda cero

Os Orzamentos de Sober para este ano aplican a igualdade de xénero en todas as súas medidas. GPCS

O Concello de Sober arrancou o mes de febreiro coa aprobación do Orzamentos para 2020, co voto favorable do Partido Popular, e a abstención de Agroma Sober e Psoe. Os presupostos aprobados ascenden a 2.805.000 euros, e atenderán sobre todo ao gasto social e o investimento público.

IGUALDADE EN TODAS AS ACCIÓNS
Segundo destacaron dende o equipo de Goberno que dirixe Luis Fernández Guitián, estes Orzamentos “fan da perspectiva de xénero un asunto transversal”, que se tivo en conta “en todas as políticas, plans e programas” previstos para este ano. O fin deste planteamento é, como afirmou o rexedor soberino, “transmitir unha imaxe igualitaria, plural e non estereotipada de homes e mulleres na sociedade”.•

INGRESOS

•Rebaixa: Un 10% menos na taxa de lixo
•Mantemento de taxas e impostos: Non hai suba no imposto de vehículos nen o IBI, nin nas taxas de auga, saneamento, escola de música e gardería

GASTO SOCIAL: Case 800.000 euros

•Suba do salario das auxiliares do SAF: Preto do 6% por uso de vehículo propio, máis o 2% da suba estatal, e un 0,3% adicional •Servizo de conciliación no colexio: Mantense no CEIP Virxe do Carme, de balde e con horario de mañá e tarde •Apoio aos estudantes: Incremento da dotación para becas de transporte de universitarios e axudas para alumnado de Bacharelato •Apoio ao deporte: Incremento da dotación para clubes de fútbol e continuidade nas axudas para deportistas individuais

INVESTIMENTOS

•Mellora da rede de abastecemento e saneamento: 430.000 euros •Infraestruturas viarias: 250.000 euros •Impulso do turismo: Máis de 200.000 euros

• Obxectivo 2020 nos servizos: Levar auga e saneamento municipais ao 80% do municipio

• O Concello realizará melloras na rede de auga e saneamento, para que, a finais de ano, o 80% da poboación soberina acceda a estes servizos municipais.

OBRAS EN DÚAS QUENDAS
As obras levaranse a cabo en dúas fases. A primeira, prevé a construción da rede de saneamento de Arxemil e Suairexa-Neiras, cun investimento de 180.000 euros. Neste momento, as obras están pendentes dos permisos da Confederación Hidrográfica Miño-Sil e da Deputación.
A segunda fase, cunha dotación global de 250.000 euros, completará o saneamento en Arxemil e a construción desta rede en O Ventorrillo-Neiras. Nesta segunda quenda de obras, está incluída a traída municipal de auga en toda a parroquia de Figueiroá, e nos núcleos de Portizó e Soutonovo, en Anllo Santo Estevo.
Ademais, o Concello destina o mesmo orzamento que o ano pasado ao mantemento das depuradoras rurais.•

• Melloras en estradas, camiños e accesos a viñedos

• Dos case 250.000 euros dos Orzamentos de Sober para infraestruturas viarias, 85.000 deles corresponden ao Plan de Camiños Rurais da Consellería do Medio Rural. Outros 70.000 euros virán de fondos propios do Concello para mellorar accesos a núcleos, e do Plan Ünico procederán outros 20.000 euros para o aglomerado de accesos. Outros 40.000 euros destinaranse a arranxar accesos a viñedos, e o Plan PIR da Consellería do Medio Rural achegará 40.000 euros para o aglomerado da estrada de Vilanova-Gundivós a Neiras. •

• Outras actuacións para 2020

• No edificio da antiga Cámara Agraria, habilitarase o novo Arquivo Municipal e o Xulgado de Paz, ademais de instalar un ascensor. Para estas obras, destínanse 60.000 euros, o 80% deles subvencionados pola Vicepresidencia da Xunta.
Renovaranse case 500 puntos de luz con luminarias tipo LED, con case 200.000 euros de investimento do plan estatal do IDAE. Ademais, vaise adquirir un vehículo eléctrico cun punto de recarga para o servizo municipal de augas e medio ambiente.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio