Crónica del sur de Lugo

ViaGalicia volveu escoller Pantón como capital do emprendemento

•No encontro, participaron 27 equipos de emprendedores, que traballaron na defensa dos seus proxectos de cara á seguinte fase desta aceleradora de empresas

Foto de familia dos participantes na sesión de traballo que a aceleradora de empresas ViaGalicia organizou en Pantón, o pasado 8 de febreiro. GPXG

O emprendemento galego tivo unha cita de traballo en Pantón, na que adquiriron o seu perfil definitivo preto dunha trintena de proxectos emerxentes. Na fin de semana do 8 e o 9 de febreiro, o Hotel Oca Augasantas de Pantón acolleu a sesión de traballo dos 27 proxectos que participan na sexta edición de ViaGalicia.
Nesta convocatoria da aceleradora de empresas, os promotores destes proxectos tiveron a oportunidade de compartir en Pantón experiencias e coñecementos, ademais de coñecer as últimas tendencias no emprendemento galego. A convocatoria xuntou a 18 equipos procedentes da sede de ViaGalicia en Vigo, e a outros 9 da situada en Lugo. Durante a súa estancia en Pantón, os emprendedores puideron mellorar a versión final dos seus proxectos, así como as técnicas de comunicación que empregarán na súa defensa. Os 27 equipos competirán nos demodays de Vigo e Lugo, que se están a celebrar a mediados deste mes, para lograr o pase á seguinte fase da sexta edición de ViaGalicia.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir a Inicio