Crónica del sur de Lugo

A Xunta convoca axudas por 26 millóns de euros para modernizar a transformación de produtos agrarios

•As empresas interesadas poden solicitalas ata o 24 de febreiro

Imaxe da visita do delegado da Xunta en Lugo, o 6 de febreiro, á empresa láctea Celega, do Saviñao, que contou cunha axuda de Medio Rural para a súa modernización. GPDTL

O apoio á industria agroalimentaria conta cunha nova partida de 26 millóns de euros para o periodo 2020-2022. A Xunta ten aberto ata o 24 de febreiro o prazo para solicitar as subvencións para a comercialización e transformación de produtos agrarios, que axudarán a levar a cabo proxectos de construción, adquisición e mellora de bens inmobles, e tamén compra de terreos, maquinaria e equipamentos novos, programa informáticos ou patentes e licenzas vinculadas aos procesos produtivos.

O LÁCTEO, FONTE DE RIQUEZA NO RURAL
Un exemplo do apoio da Xunta á industria agroalimentaria é a láctea Celega, do Saviñao, que contou cunha subvención da Consellería do Medio Rural por importe de 1.066.000 euros. No conxunto das melloras, a empresa investiu preto de 2,4 millóns, cos que ampliou as dotacións, mellorou o sistema enerxético e de depuración, ademais de poñer en marcha unha nova liña de produción de callada, e adquiriron novos equipamentos para o laboratorio.
Esta empresa do Saviñao dá emprego a unha trintena de traballadores, e recolle a maior parte do leite nas gandeirías da contorna. Na visita que realizou a comezos de febreiro o delegado da Xunta, Balseiro destacou que os procesos de transformación «son fundamentais para engadir valor ás nosas producións, e moi singularmente ao leite». O delegado gabou «o esforzo» dos responsables de Celega «por continuar medrando e xerando riqueza e postos de traballo no Saviñao e na comarca».

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir a Inicio