Crónica del sur de Lugo

Descubren pinturas murais inéditas durante a restauración da igrexa de San Vicente

•O Ministerio de Cultura difundiu unha imaxe deste elemento pictórico, atopado detrás do retablo maior

A pintura mural descuberta detrás do retablo maior da igrexa de San Vicente “representa a modo de grisalla elementos figurados, entre eles un Cristo”, segundo informaron dende o Ministerio de Cultura. (Foto: MINISTERIO DE CULTURA)

Os traballos de restauración que o Ministerio de Cultura está a realizar dende decembro na igrexa de San Vicente do Pino veñen de revelar un inesperado tesouro cultural, en forma de pintura mural da que se descoñecía a súa existencia.

EN BO ESTADO
O pasado 31 de xaneiro, os técnicos procedían a desmontar o retablo maior para o seu traslado e tratamento, e na parede que quedou ao descuberto, apreciaron unha pintura mural «en bo estado de conservación e de gran interese histórico e documental». Segundo informaron dende o Ministerio de Cultura en nota de prensa emitida a comezos de febreiro, a peza amosa «a modo de grisalla elementos figurativos, entre eles unha imaxe de Cristo».
Á espera dunha análise máis pormenorizada deste novo elemento pictórico, dende o Ministerio non revelaron máis detalles sobre estas pinturas.

Vista completa da imaxe difundida polo Ministerio de Cultura, durante os traballos de rehabilitación que está a desenvolver na igrexa de San Vicente do Pino de Monforte. (Foto: MINISTERIO DE CULTURA)

PROXECTO INTEGRAL
O Ministerio de Cultura, a través do Instituto del Patrimonio Cultural de España, está a investir case 650.000 euros no proxecto integral de conservación e restauración da igrexa de San Vicente do Pino. Os traballos inclúen o tratamento e recuperación das pinturas murais do presbiterio, a nave central e o muro norte do cruceiro, así como o retable maior, que agochaba a pintura mural descuberta, e o retablo en pedra do cruceiro do templo.
O proxecto do Ministerio está vinculado á posta a punto dos principais bens culturais de Galicia, dentro do Programa Xacobeo. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio