Crónica del sur de Lugo

Monforte acollerá en marzo dous obradoiros e unha exposición interactiva para sensibilizar sobre o coidado dos océanos

• As actividades terán lugar na Casa da Cultura do 23 ao 29 de marzo

Na presentación desta iniciativa participaron a deputada de Promoción do Territorio, Pilar García; e a directora do Centro Oceanográfico de Vigo, Victoria Besada, o 21 de xaneiro en Lugo. GPDL

Converterse en investigadores por un día, e manexar o mesmo instrumental que empregan os profesionais do Centro Oceanográfico de Vigo estará ao alcance dos que se acheguen, en febreiro e marzo, á exposición “Mar Interior: un océano de oportunidades no corazón de Galicia”. Esta acción divulgativa vén á provincia de Lugo co apoio da Deputación, que custeará o traslado de grupos escolares aos dous emprazamentos que terá a mostra na capital provincial e en Monforte de Lemos.
A primeira escala da exposición interactiva, que permitirá mergullarse nas instalacións do Centro Oceanográfico de Vigo usando gafas de realidade virtual, será en Lugo. Do18 ao 22 de febreiro, poderase participar nos dous obradoiros e na exposición interactiva que permanecerán instalados no Pazo de San Marcos. A outra cita da mostra na provincia terá como destino Monforte, co desenvolvemento deste programa divulgativo na Casa da Cultura, do 23 ao 29 de marzo.
Segundo explicaron na presentación a deputada de Turismo, Pilar García, e a directora do Centro Oceanográfico de Vigo, Victoria Besada, o proxecto está aberto ao público en xeral, aínda que as actividades enfócanse sobre todo a grupos de escolares de Educación Primaria e Secundaria Obrigatoria.
García salientou que este proxecto como “unha boa forma de fomentar a conciencia social no respecto e coidado do medio ambiente”. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir a Inicio