Crónica del sur de Lugo

Técnicos de Seaga asumen a retirada de niños de velutina en 275 municipios galegos

Alfonso Rueda, acompañado da directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, abordará o acordo con Servizos Galegos (Seaga), no marco do programa de vixilancia e control fronte á vespa velutina.

A Xunta dará asistencia aos concellos na loita contra a avespa velutina. A partir da segunda quincena de xaneiro, serán os técnicos da empresa pública Servizos Galegos (Seaga) os encargados de acometer a retirada dos niños desta perigosa especie. Deste xeito, a Xunta ofrece unha resposta “profesional e homoxénea”, segundo destacou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, na sinatura da encomenda a Seaga en Boqueixón, o pasado 17 de xaneiro. Con este paso, materialízase o acordo ao que chegaron a Xunta e a Fegamp en outubro de 2019, que beneficiará aos 275 concellos adheridos a esta iniciativa.

PRAZOS DE RETIRADA DOS NIÑOS SEGUNDO A SÚA LOCALIZACIÓN
Segundo explicaron dende a Xunta, as alertas pola presenza de niños de avespa velutina comunicarase a través do número de información 012. A partir dese momento, a empresa Seaga poñerá en marcha o protocolo de retirada dos exemplares, con dous prazos de acción.
No caso de niños situados en zonas accesibles e a menos de 25 metros de altura, o prazo de resposta establecido é de 5 días hábiles dende a recepción do aviso no 012. En caso de niños inaccesibles e que non estean en altura, o tempo de actuación poderá superar os 5 días.

EQUIPO DE 80 PROFESIONAIS
A empresa Seaga conta cun equipo de 80 profesionais. A coordinación e a realización de tarefas administrativas e técnicas corresponderá a catro traballadores. O corpo de intervención está formado por 76 persoas, distribuídas segundo a evolución dos avisos polos cinco centros situados en Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Todo o persoal conta con formación específica. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio