Distribuidores e produtores impulsan o leite galego

• En Sarria presentouse unha campaña de promoción deste produto na cadea Vegalsa Eroski

O 21 de xaneiro, o supermercado Eroski de Sarria acolleu a presentación da campaña de promoción do leite galego, coa asistencia do director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros. GPXG

A promoción dos produtos agroalimentarios galegos conxuga o esforzo de produtores, administracións e empresas distribuidoras. Unha proba deste traballo conxunto é a campaña promocional que está a desenvolver a empresa Vegalsa Eroski co leite galego, presentada no supermercado que esta cadea ten en Sarria, o pasado 21 de xaneiro.

«COMPROMISO CO AGRO GALEGO»
No evento, ao que asistiron representantes do sector, o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, valorou a «responsabilidade social, ambiental e económica» desta distribuidora, así como o seu «compromiso co agro galego».

MERCADO ESIXENTE
Balseiros destacou a importancia de promocionar produtos de calidade e de proximidade, nun mercado cada vez máis esixente. Neste contexto, os consumidores actuais teñen en conta aspectos como a produción ecolóxica, o respecto ao medio ambiente, o concepto quilómetro cero, a información nutricional e os ingredientes saudables, entre outros. Por iso, «amosar e destacar o leite producido en Galicia» vai facilitar que chegue aos consumidores interesados pola procedencia dos produtos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Xeolodía lucense celebrarase en maio nas Montañas do Courel

Seguinte Nova

Gandeiros reclaman o mantemento dos puntos móbiles da ITV agrícola

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: