Presentan dúas aplicacións móbiles con información de 2.500 puntos de interese e visitas en realidade aumentada por 25 lugares da provincia

A tenente de alcalde de Monforte, Gloria Prada, deu a coñecer os atractivos da cidade do Cabe dentro da presentación do programa «Lugo, ¡ven!», impulsado pola Deputación, o día 23 en Fitur. GPCM

A Deputación levou a Fitur 2020 a campaña «Lugo, ¡ven!», coa que quere incrementar a afluencia de turistas, ofrecendo novas ferramentas para unha experiencia turística máis actual e interactiva.

«ACOMPAÑAMENTO» A UN TURISTA «MÁIS DIXITALIZADO»
Ademais de poñer en valor os atractivos das diversas comarcas, dende o organismo provincial destacaron dúas novas aplicacións móbiles para «acompañar a un turista cada vez máis dixitalizado, sen condicionar a definición da súa ruta» polas terras lucenses. Así o adiantou o mandatario provincial, José Tomé, antes de explicar as características destas novas aplicacións.
A app gratuíta Invertrip reúne información sobre preto de 2.500 puntos de interese, que inclúen rutas, adegas, empresas de turismo activo e restaurantes, ademais de elementos patrimoniais e tesouros naturais.
Por outra banda, baixo o nome de Lugo 360 funciona unha aplicación gratuíta que emprega a realidade aumentada para viaxar por 25 localizacións da provincia dende un dispositivo móbil. O usuario poderá mergullarse virtualmente nos territorios dos catro xeodestinos da provincia: Ancares-Courel, A Mariña, Lugo-Terra Chá e Ribeira Sacra, e así ter un estímulo máis para facer unha visita presencial á provincia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte acolleu o triplo Campionato Galego de taekwondo, con dez medallas para o Neka, club anfitrión da proba

Seguinte Nova

A Xunta presentou aos autónomos lucenses as novas axudas para a segunda oportunidade e o traslado xeracional

Últimas noticias sobre EVENTOS

A %d blogueros les gusta esto: