Crónica del sur de Lugo

Monforte acolleu o triplo Campionato Galego de taekwondo, con dez medallas para o Neka, club anfitrión da proba

O pavillón da Pinguela, en Monforte, acolleu o Campionato Galego de taekwondo nas modalidades de técnica, combate e freestyle. (Foto: MONTERO)

Monforte acolleu este mes a proba tripla do Campionato Galego de Taekwondo, que deixou 10 medallas para os deportistas do Neka, club anfitrión. En combate, Junior Martínez logrou o bronce absoluto, e a técnica concentrou o resto de medallas. Laura Álvarez foi ouro individual, e en parella con Marco García. Este deportista foi prata individual, así como Álex Camba, que tamén tivo prata en parella con Elena Varela. Houbo prata para o dúo de Karla Novo e Dani Areán. Os bronces individuais corresponderon a Carlos Rey e Dani Areán, e o mesmo metal acadaron as parellas formadas por Aitor Teijeiro con Lucía Roca, e Ana López con Gael Trujillo. O quinteto de freestyle local non puido competir por indisposición de Ana López.
Tamén logrou medalla de prata en técnica individual junior o monfortino Alejandro Fernández Franjo, do club Tao.
O taekwondo monfortino estivo presente o día 25 no Open de Madrid, dentro da selección galega. Lograron medalla individual Laura Álvarez, que foi ouro, Alex Camba e Dani Areán, con cadansúa prata. Lograron ouro cos seus tríos da selección Álvarez, Elena Varela, Camba e Rey. Karla Novo foi prata co seu trío galego, e bronce en parella con Areán. Marco García tivo bronce coa súa parella da selección. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio