Crónica del sur de Lugo

A estrada autonómica de Ferrería do Incio quedará operativa a finais de febreiro

O deterioro da estrada debeuse ao temporal de choiva de finais de ano, que afundiu a plataforma nunha curva entre O Incio e A Ferrería. GPXG

Dentro dun mes, estarán completados os traballos de arranxo da LU-642 de acceso á Ferrería do Incio, que quedou afectada por un temporal de choiva a finais de ano. A Xunta está a traballar no punto quilométrico 21,400, nun tramo de curva no que se rexistrou un desprazamento de terra, no treito entre a capitalidade do Incio e o núcleo da Ferrería.

NOVO TRAZADO PARA EVITAR AFUNDIMENTOS
Segundo explicaron dende a Xunta, o mal tempo provocou retrasos no plan inicial das obras, nas que o Executivo autonómico inviste preto de 200.000 euros. Os traballos van cambiar o trazado sensiblemente, desprazando a calzada de ladeira inestable todo o que sexa posible, tendo en conta a viabilidade técnica. Con este fin, escavouse o noiro de desmonte sen que quede afectada a súa estabilidade, e estase a levantar un muro de contención da plataforma da estrada na marxe oposta. A continuación, procederase a repoñer o firme da calzada e o sistema de barreiras de seguridade para vehículos. Tamén se construirán cunetas revestidas de formigón para evitar futuras filtracións das augas ao terreo, e limitar así o risco de desprendementos.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio